Evolucionismo
Poderíase definir evolucionismo como a teoría que explica a transformación das especies polos cambios producidos en sucesivas xeracións.
Ó longo da historia foi sempre obvio, para a maioría da xente, que a gran diversidade da vida, a incrible perfección coa que a están dotados a maioría dos organismos vivos para sobrevivir e multiplicarse e a desconcertante complexidade das estruturas vitais, só poden ser obra da creación divina. Non obstante, unha e outra vez existiron pensadores illados que crían que debía haber unha alternativa á creación sobrenatural. Na antiga Grecia existía a noción de que as especies se transformaban en outras especies. Esta crenza quedou arrinconada ata que no século XVIII foi retomada por pensadores progresistas como Darwin(avó) e Lamarck. Na primeira metade do século XIX, esta idea fíxose habitual nos círculos intelectuais, aínda que sempre de forma vaga e sen que existira unha visión clara do mecanismo que podía orixinado esas modificacións. Foi Charles Darwin quen, incitado pola publicación descubrimento de Wallace do seu principio da selección natural, estableceu finalmente a teoría da evolución a través da publicación: A orixe das especies por medio da selección natural, en 1859, coñecido polo xeral como A orixe das especies. A partir de 1859 foi difícil dubidar que tódalas especies vivas, incluída a humana, evolucionaran doutras. A bioloxía molecular moderna fai que resulte difícil dubidar que a orixe de tódalas especies pode remontarse a un antecesor común único, que todas as formas de vida coñecidas compartes o mesmo código xenético e que é moi improbable que puideran dar con iso de forma independente.
Aínda na sociedade actual, por influencias relixiosas, se cuestiona a teoría do evolucionismo, así como moitas outras teorías biolóxicas, e xorden todo tipo de interrogantes e discrepancias entre os temas biolóxicos e relixiosos, como se o evlucionismo contradi o que di a Biblia sobre a creación do universo por Deus, e a estática das especies dende que foron creadas por él.
Tags: Evolución, evolucionismo