2008 cerrase con 220.000 mortos en desastres naturais

En xaneiro un territorio de 1,3 millóns de quilómetros cadrados, que se estendía por 15 provincias do sur de China, quedou cuberto pola neve e viuse exposto a baixadas persistentes da temperatura e á aparición de xeo. Así describía hai uns días no balance de fenómenos climáticos extremos a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) a situación vivida en China a principios deste ano. Onte, a aseguradora alemá Munich Re engadía cifras a esa descrición: 129 mortos e 21.100 millóns de dólares en perdas económicas. Non foi o evento con maior número de vítimas, pero si o terceiro en perdas.
Segundo o informe que cada ano elabora a devandita aseguradora, 2008 foi o terceiro peor ano da historia no que se refire a custos económicos provocados por catástrofes naturais, 200.000 millóns de dólares, só por detrás do «huracanado» 2005 (220.000 millóns de dólares) e de 1995, cando se produciu o terremoto en Kobe (Xapón). Segundo o informe da aseguradora, o grande número de ciclóns tropicais e o terremoto de Sichuan (China) converteron 2008 nun dos anos máis desvastadores da historia, con preto de 220.000 mortes debidas a fenómenos extremos da natureza.
O máis calamitoso foi o ciclón Nargis, que desatou toda a súa forza en Myanmar no mes de maio, deixando 84.500 mortos e 50.000 desaparecidos. Segundo a OMM, foi o ciclón máis desvastador que pasou por Asia dende 1991. Provocou o maior desastre natural xamais rexistrado en Myanmar. Ségueo o terremoto de Sichuan con 70.000 mortos, 18.000 desaparecidos, 374.000 feridos e 5 millóns de persoas sen fogar. Este sismo causou danos materiais por un importe total de 85.000 millóns de dólares (59.243 millóns de euros), aínda que as perdas aseguradas ascenderon unicamente a 300 millóns de dólares (209 millóns de euros).

Máis información en:

http://www.abc.es/20081230/nacional-sociedad/2008-cierra-muertos-desastres-20081230.html

Álvaro Vilar Barreiro


 

Tags: , , , ,