MAREMOTOS
Ola chic@s!
Un maremoto ou tsunami (do xaponés tsu, «porto» ou «bahía», e nami, «onda»; literalmente significa gran onda no porto) é unha onda ou un grupo de ondas de gran enerxía que se producen cando algún fenómeno extraordinario despraza verticalmente unha gran masa de auga. Calcúlase que o 90% destes fenómenos son provocados por terremotos, nese caso reciben o nome, máis preciso, de maremotos tectónicos. A enerxía dun maremoto depende da súa altura (amplitude da onda) e da súa velocidade. A enerxía total descargada sobre unha zona costeira tamén dependerá da cantidade de picos que leve o tren de ondas (no recente maremoto do Océano Índico houbo 7 picos). Este tipo de ondas removen unha cantidade de auga moi superior ás ondas superficiais producidas polo vento
Aquí vos deixo información sobre os maremotos para completar o tema e este video que os explica moi ben.
Se queredes máis pulsade aquí
Tags: maremotos, movementos sísmicos, tsunami